Onte tivemos a sorte de visitar as instalacións do Concello de Moaña dentro do programa " Aprende Moaña ". O alumnado de cuarto de primaria visitou todos os recunchos desta institución acompañados do Concelleiro de Facenda Aldán Santamarina. Agradecerlle enormemente a alcaldesa, Leticia, que nos fixera un oco dentro da súa axustada axenda para recibirnos no seu despacho. Aquí vos deixamos unha mostra deste momento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario