O noso alumnado de quinto e sexto asistiron onte a un pleno organizado polo concello para o alumnado dos centros educativos de Moaña. Neste pleno, tivemos uns representantes do noso alumnado que foron os encargados de ler un manifesto en favor dos dereitos das crianzas e do medio ambiente. Ademais, aportaron suxerencias ao concello para mellorar a súa labor social a favor dos cidadáns e cidadás.
ENHORABOA O NOSO ALUMNADO!
Moitas grazas ao noso profesorado Santiago e Higinio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario