miércoles, 14 de marzo de 2018

" EDUCACIÓN INFANTIL: Obradoiros segundo trimestre "



Este trimestre os nenos e nenas de Caracois, Osos e Elefantes participaron en Obradoiros de Arte, Mesa de Luz e Realidade Aumentada.
Nos Obradoiros de Arte os nenos e nenas imaxinaron que daban a volta ao mundo e logo dialogaron sobre o qué observou cada un dende o avión. Con todas as cousas que comentaron fixeron un mural no que debuxaron  a Torre Eiffel, o Big Ben, casas, árbores, nubes, bolboretas, o sol, paxaros…
No Obradoiro de Mesa de Luz disfrutaron xogando e creando con espuma, observaron os cambios de luz, seguiron o ritmo da música e observaron os cambios de cor das boliñas de xel.
No Obradoiro de Realidade Aumentada pintaron láminas e observaron os seus debuxos en realidade aumentada.
Os Caracois, Osos e Elenfantes riron, aprenderon e disfrutaron moito  xuntos!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario