viernes, 27 de abril de 2018
" Fp innova "
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organozou FP Innova Galicia 2018, Congreso de Innovación na Formación Profesional,o que asistiu o noso alumnado de quinto e sexto no día de hoxe.
" Un libro, un agasallo "
Esta actividade consistiu en que o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto tiñan que pensar nun libro que lle regalarían ao seu mellor amigo ou amiga e facer un debuxo ou ben, escribir un resumo do mesmo. Logo con todos os traballos, fixemos un mural que está exposto no corredoiro do colexio.
" Contacontos a cargo da mestra Olga "
Olga, a mestra de inglés, contounos aos/as nenos/as de educación infantil e de primeiro e segundo de pimaria o conto de ¿Quien viene esta noche?Estivo xeniallllllllll...
miércoles, 25 de abril de 2018
" Charla de sexualidade "
Hoxe no centro tivemos unha charla de sexualidade para o alumnado de quinto e sexto impartida pola matrona do concello de Moaña.
" Charlas de violencia de xénero e acoso escolar "
" 23 de abril día do libro "
Xuntámonos todos no patio para escoitar coma os/as mestres/as lían o conto viaxeiro que fixemos no centro, dende tres aniños ata sexto. Que bonito nos quedou!
viernes, 20 de abril de 2018
" Linguaxe de signos "
Tivemos a sorte de contar no centro con Yoli, unha intérprete de signos que nos veu a acercarnos un pouquiño a esta linguaxe. Pasámolo xenial e aprendemos moitas cousas.
" Andaina ata o lavadoiro"
O mércores 18 fixemos unha andaina dende o centro ata o lavadoiro do río de Meira onde fomos recibidos por Isolina (quen previamente nos dera unha charla e nos contou anécdotas deste lavadoiro). Ademáis, a señora Mucha fíxonos unha demostración de como se lavaba alí e o alumnado tivo a sorte de poder experimentar. Moitas grazas a todos pola vosa colaboración e por suposto e sobre todo, ao Profesor Javier que o da todo en todo aquelo que propón. Grazassssssssssssss
Suscribirse a:
Entradas (Atom)