BO NADAL. VÉMONOS O 8 DE XANEIRO
viernes, 21 de diciembre de 2018
miércoles, 19 de diciembre de 2018
" Visita a Balaídos "
O alumnado de cuarto, quinto e sexto asistiron hoxe as instalacións de Balaídos. Puideron tocar o céspede e sentir de primeira man o que sinten os xogadores cando entran no campo. Tamén puideron ver o seu museo onde puideron apreciar toda a súa historia. Moitassssssssss grazasssssssss por recibirnos.
" Asociación Astro Vigo"
Os alumnos de 1º de Primaria e de Educación Infantil coñeceron onte os segresos do espazo grazas á visita de Hugo e Helena, da asociación da Asociación Astro Vigo (Asociación Astronómica de Vigo).
Na biblioteca, os pequenos preguntaron dudas e coñeceron de primeira man o funcionamento dun telescopio.
A intención era incluso utilizar o telescopio para observar a longas distancias dende o patio do centro escolar, pero as choivas da mañá de onte fixeron que non se puidese saír ao exterior e poder probalo. A verdade que foi una mágoa, aínda que valeu igualmente a pena.
https://www.farodevigo.es/portada-o-morrazo/2018/12/19/alumnos-colegio-guia-aprenden-secretos/2019453.html
" Carta a PEDRO DUQUE "
ESCRIBIMOS UNHA CARTA … ¡ A PEDRO DUQUE!
Na nosa investigación sobre o Espazo descubrimos a grandes astronautas como Valentina Tereskova, Yuri Gagarín, Neil Armstrong e Pedro Duque.
Cando descubrimos que Pedro Duque vivía no noso país os nenos e nenas tivérono claro: ¡podemos escribirlle unha carta!
Así que os Caracois, Osos e Elefantes puxéronse mans a obra e despois de dialogar, tomar decisións e facer algún que outro borrador, crearon unha fermosa carta na que lle explican a Pedro Duque cómo descubriron que era un astronauta famoso e que cómo crearon o seu propio planetario. Nesta mesma carta, fánlle preguntas sobre como conseguiu o seu traxe ou como chegou tan lonxe e por suposto, convídano a que veña a visitar a nosa escola.
Esta carta, vai acompañada de outra que escribiron as súas mestras Eva e Lucía onde lle explican a Pedro Duque o gran significado que ten a carta creada polos nenos e nenas e o gran traballo que hai detrás dela.
E… dende o sábado as dúas cartas van camiño do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
" O noso planetario "
DISFRUTAMOS E APRENDEMOS NO PLANETARIO " A GUÍA”
Xa vai un tempo que temos o noso planetario rematado con todas as aportacións das familias e dende aquí queremos agradecervos a todos e a todas a vosa colaboración e participación neste gran proxecto.
Xuntos creamos un espazo de aprendizaxe cheo de cohetes, planetas, estrelas, astronautas, naves, etc. onde os nenos e nenas están aprendendo e gozando moito.
Nestes días os Osos, Caracois e Elefantes fixemos unha sesión conxunta coa luz negra dentro do planetario e observamos como brillaban moitas obxectos que temos dentro … ¡foi moi divertido!
" Living Dinosaurius y la edad del hielo "
Todo o alumnado do centro asistiu o pasado venres a exposición "Living Dinosaurius y la edad del hielo". Unha experiencia única e irrepetible.
viernes, 14 de diciembre de 2018
" Cesta de Nadal "
O alumno de sexto de educación primaria , Leo Roddríguez Sánchez, quiso sortear unha cesta de nadal para recaudar fondos para a súa viaxe de fin de curso. Temos que felicitar a mercería de Moaña Chévere por ser a agraciada. ENHORABOAAAAAAAAAAAA!!!
" Xoguetes reciclados no patio "
Aproveitando que este ano o centro ten como tema central a música, colocamos no patio unha serie de instrumentos musicais feitos , polos nenos e nenas, con material de refugallo. Ímolo pasar xenial!!!!
miércoles, 5 de diciembre de 2018
" Planetario hinchable "
O pasado venres tivemos no centro, unha experiencia super interesante que nos encantou. UN PLANETARIO INCHABLE. A experiencia que vivenciamos foi única, experimentando cousas coma ver os movementos da terra, os diferentes planetas e as súas órbitas e incluso chegar a marte.
lunes, 3 de diciembre de 2018
" Por catro esquinas de nada "
Aquí vos deixamos a obra maestra que realizou o alumnado de primeiro de educación primaria a partires do libro " Por catro esquinas de nada". Un traballo cooperativo onde cada un deles e delas puxo o seu graniño de area e que coma resultado final tivo esta gran composición. Esperamos que vos guste tanto coma a nós.
" O planetario da Guía "
Os nenos e nenas de educación infantil comenzaron outro curso investigando. Nesta ocasión, sobre...O UNIVERSO! Os mestres EVA, José Ramón e Lucía comenzaron a construír un planetario que pouco a pouco foise completando cos traballos que realizaron os/as nenos/as coas súas familias. Ao planetario da Guía foron chegando planetas,cohetes, estrelas, sol, satélites, astronautas, naves espaciais, meteoritos, asteroides cos que o alumnado está aprendendo moitas cousas.
Durante estas semanas,levamos a cabo obradoiros nos que decoramos o cartel do planetario, pintamos estrelas con pintura florescente, construímos un cohete, decoramos un photocall, pintamos superficie luar e sobretodo APRENDEMOS; XOGAMOS; RIMOS E GOZAMOS XUNTOS!!
Nos próximos días remataremos a montaxe do planetario e amosaremos as fotos do resultado final.
MOITAS GRAZASSSSSSSSSSSSSSSS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN...
Durante estas semanas,levamos a cabo obradoiros nos que decoramos o cartel do planetario, pintamos estrelas con pintura florescente, construímos un cohete, decoramos un photocall, pintamos superficie luar e sobretodo APRENDEMOS; XOGAMOS; RIMOS E GOZAMOS XUNTOS!!
Nos próximos días remataremos a montaxe do planetario e amosaremos as fotos do resultado final.
MOITAS GRAZASSSSSSSSSSSSSSSS AS FAMILIAS POLA VOSA COLABORACIÓN...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)