jueves, 28 de febrero de 2019

" Visitando a Coruña "

O pasado día 21 o alumnado de terceiro, cuarto, quinto e sexto de primaria, fomos de excursión todo o día a Coruña. Nada máis chegar visitamos o acuario, onde observamos unha grande variedade de animais mariños e puidemos ver a Gastón, un tiburón de 3m e tamén como lle daban de comer ás focas.
Despois fomos visitar o Domus ou a Casa do Home, onde había moitas cousas curiosas e interesantes e onde gozamos moito.
Pola tarde, a nosa última parada foi o planetario, onde poidemos observar diferentes experimentos e visionamos un documental sobre o universo.
Foi un día xenial!


























No hay comentarios:

Publicar un comentario