viernes, 26 de abril de 2019

" Traballando coa Voz de Galicia "

O xoves 11 de marzo tivemos no colexio a visita do xornalista Cristóbal Ramirez.
Dito xornalista é un dos colaboradores do Programa Prensa Escola da Voz de Galicia, no cal participan un ano máis, 5º e 6º de Primaria.
A súa visita ven derivada de enviarlle fotos dos diferentes artigos traballados por todas as clases do colexio, na Semana da Prensa, cos cales fixemos un mural. Interesáronse porque mostramos a nosa creatividade, así como o noso interese pola prensa. Ditos artigos foron escritos en galego, castelán ou inglés.
Cristóbal, deunos unha charla sobre a páxina web de dito programa. Tamén deu resposta a todas as preguntas que nos ían xurdindo sobre o que ía contando, así como da súa profesión, xa que él é Premio Nacional de Periodismo.
Poidémoslle facer varias preguntas dirixidas a xornalistas e investigadores, as cales irán contestando nas seguintes semanas a través do suplemento de Prensa Escola, que todos os mércores recibimos e lemos.


 

 
 

1 comentario: