viernes, 28 de junio de 2019
" Visita da Asociación Paleontolóxica Galega"
Os nenos e nenas de Osos Caracois, Elefantes e Águias decidiron enviar unha carta a “paleontólogos de verdade”. Fixemos unha asamblea en conxunto para deseñar o texto que queríamos enviar á Asociación Paleontolóxica Galega. Xuntos creamos unha carta na que nos presentamos, explicamos o proxecto que estábamos a levar a cabo, consultamos dúbidas e os convidamos a visitar o noso gran Dinomuseo.
A nosa carta chegou ao seu destino e Manuel García, o presidente da Asociación Paleontolóxica Galega, respondeunos.
A semana pasada tivemos a gran visita de Manuel e Artai que viñero ao noso museo con moitas cousas que amosarnos do mundo dos Dinosauros. Compartiron con nós grandes descubrimentos da paleontoloxía e fixeron unha presentación na que proxectaron cada unha das dúbidas da nosa carta acompañadas de información e fotografías explicativas.
Dende aquí todos os nenos/as e mestres/as que participamos neste proxecto queremos agradecer a Manuel e Artai a súa colaboración, interese e atención.
miércoles, 19 de junio de 2019
" Charla da Garda Civil "
Hoxe o alumnado de quinto e sexto de primaria tiveron unha charla sobre as redes sociais e os perigos das mesmas. Dita charla foi levada a cabo por un garda civil de Moaña.
" Madan Didier- obradoiro de percusión "
O luns tivemos a sorte de ter no cola a Madan Didier para dar , ao alumnado de terceiro e cuarto curso de primaria, un obradoiro de percusión con material de refugallo. Estivo xenialll e queremos repetir...Deixámosvos un anaco da actuación que logo lle fixemos ao resto do alumnado do centro para ensinarlles o que habíamos aprendido con Madan Didier.
jueves, 13 de junio de 2019
" Nós tamén creamos "
Aquí vos deixamos o enlace onde poderedes ver o traballo realizado polo alumnado de sexto de educación infantil e primeiro de primaria no concurso " Nós tamén creamos". É a nosa adaptación do conto " A cousa que mais doe do mundo " Esperamos que vos guste.
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/categoria-2-ceip-a-guia
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/categoria-2-ceip-a-guia
" Seguimos coas visitas musicais"
O papá de Johanna (nena de tres anos) veunos onte visitar e deleitarnos coa súa música. Moitasssssssssss grazassssssssssssssssssssss
" Visitounos o periodista Javier Romero"
O pasado venres 7 de xuño tivemos a visista do periodista Javier Romero.
O alumnado de quinto e sexto de primaria, por participar no Programa Prensa Escuela de la Voz de Galicia asistiron a esta charla onde nos falou do seu traballo. Foi unha visita moi interesante onde o alumnado mostrou moita interese polo periódico e polo seu proceso de elaboración.
O alumnado de quinto e sexto de primaria, por participar no Programa Prensa Escuela de la Voz de Galicia asistiron a esta charla onde nos falou do seu traballo. Foi unha visita moi interesante onde o alumnado mostrou moita interese polo periódico e polo seu proceso de elaboración.
martes, 11 de junio de 2019
" Traballando a exposiciòn oral "
O alumnado de cuarto de educación primaria realizou un traballo sobre algúns dos instrumentos mais raros do mundo, o cal despois, llo mostraron aos/as seus/súas compañeiros/as.
jueves, 6 de junio de 2019
" DINOMUSEO "
Hola bo día recordade que mañá temos a nosa inguración do DINOMUSEO as catro da tarde coa presenza da alcaldesa Leticia Santos. Despois de moitas e moitas horas de traballo chegou o gran día de abrir as nosas portas para que poidades visitalo. Estades todos convidados. Aquí vos deixamos unha mostra de todo o que traballaron os nosos nenos e nenas.
martes, 4 de junio de 2019
" Experimentando"
Os pequerreños do centro tivemos a sorte de contar con María, a nai de Mara, e con María a científica que viñeron a pasar un rato connosco e que nos trouxeron unha serie de actividades super interesantes. Por un lado tivemos un " dinosaurio" que representou un conto xunta coa mamá de Mara e por outra banda, fixemos unha serie de experimentos increíbles coma ver coma funcionaría un volcán ou coma sería atravesar unhas areas movidizas. A verdade que foi fascinante esta actividade. Moitísimasssssssssssssssss grazasssssssssssssssssssssssssss.
" Clarinete"
Para rematar, esta semana adicada a música, estiveron no centro familiares de Martín Gil para facernos gozar cos sons do clarinete. Moitísimasssssssss a grazassssssssssssss a todos por vir a compartir un anaco do voso valioso tempo connosco.
" Frauta traveseira "
lunes, 3 de junio de 2019
" Visitános Axóuxeres "
A asociación Axóuxeres estivo no centro para acercar aos mais cativos ao noso instrumento musical galego por excelencia, a gaita, e incluso chegaron a ensaiar unha coreografía de baile galego. Estivo xenial...
" Revitaliza "
Os maiores traballaron a compostaxe a través do xogo da oca. Foi unha experiencia moi entretida e divertida.
Charla " Revitaliza "programa da deputación de pontevedra sobre a compostaxe.
O alumnado de infantil aprendemos que é o compost, para que serve e que cousas se poden botar no composteiro e cales non, mediante actividades lúdicas e moi divertidas.Ademais sementamos unha faba botándolle compost para que medre mellor.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)