martes, 19 de noviembre de 2019

" Na Guía hai un trasno misterioso..."


EN INFANTIL …¡HAI UN TRASNO MISTERIOSO!
Os nenos e nenas das aulas de infantil tiveron unha gran sorpresa, recibiron unha carta dun trasno misterioso. Nesta carta tan especial un trasniño contoulles que fixo unha ferida pero que non sabía como se chamaba a parte do corpo na que a tiña e pedíulles axuda aos nenos e nenas que non dubidaron en comezar unha investigación.
Como o trasniño sabía que os nenos e nenas querían coñecer cousas do corpo humano, díxolles que deixara agochadas pola escola duas caixas para axudalos na súa investigación. Todos e todas saíron ao patio e atoparon unha caixa enriba dunha árbore e outra agochada no chan. Dentro das caixas os Caracois, Osos e Elefantes atoparon radiogradías, libros, vendas, tiritas e maquetas dun esqueleto e do oído.
Os nenos e nenas tiñan moitas dúbidas, querían saber como fixera a ferida o trasno, onde vive, que estaba facendo cando caíu… Así que decidiron facer unha carta entre todos e deixala no buzón do centro para que chegase ata o trasniño misterioso.
Unha mañá tivemos na escola a visita dunha enfermeira que viña cunha carta do trasniño. Contóunos que se chama Paula, que é amiga do trasniño, que foi quen o escaiolou no hospital cando rompeu un oso da perna e leeu a carta na que o trasno contóulles aos nenos e nenas que vive na árbore que está na entrada do cole e que un día estaba xogando na árbore de papel que fixeron no corredor e como tiña os zapatos mollados de saltar nos charcos do patio, esbarou e caiu.
Paula amosóulles como fixo para curar ao seu amiguiño, respondelles a moitas dúbidas, ensinóulles como fixo para poner a escaiola.
A semana pasada apareceu un cepillo de dentes nun banco do corredor e ao día seguinte entregáronlles aos Caracois, Osos e Elefantes ¡unha nova carta do trasniño miesterioso!. Esta vez o trasniño contóulles que cando estivo no hospital unha enfermeira díxolle que é moi importante cepillar os dentes despois das comidas e agasallóuno con ese cepillo de dentes pero cando abriu o paquete quedou abraiado coas luces que tiña e esqueceu preguntarlle para que sirve e como ten que úsalo. Así que agora os nenos e nenas de infantil están buscando información para poder escribir unha nova carta na que expliquen ao seu amigo misterioso como ten que facer para lavar os dentes.
Os Caracois, Osos, Elefantes e as súas profes queremos agradecer a Paula que viñese ao noso cole e nos contase tantas cousas interesantes.

CONTINUARÁ…

No hay comentarios:

Publicar un comentario