Estades tod@s invitad@s ao noso FESTIVAL. Este ano terá un toque especial xa que a súa FINALIDADE será SOLIDARIA recaudando alimentos tanto para CÁRITAS coma para O BANCO DE ALIMENTOS DE VIGO. Ademáis haberá stands das diferentes asociacións coas que colaboramos este ano: Superheroes do Morrazo, Amigos do Morrazo Verde, Protectora de animais de Moaña, Afamo, Asociación de Mulleres de Moaña, Cemma, Galiclown-payasos de hospital, Banco de alimentos de Vigo e Cáritas Moaña. Moitas grazas a tod@s por colaborar con nós 😍.
miércoles, 22 de mayo de 2024
martes, 21 de mayo de 2024
" Promoción FESTIVAL SOLIDARIO "
Aquí vos deixamos a promoción radiofónica feita por Alma, Erik e Ángel do FESTIVAL SOLIDARIO que terá lugar o martes 28 de maio a partires das catro da tarde no CEIP A GUÍA.
https://www.ivoox.com/promocion-festival-solidario-audios-mp3_rf_129242260_1.html
" Recollida alimentos SPAR EXPRESS "
O pasado mes de abril o CEIP A GUÍA organizamos unha recolllida de alimentos no Spar Express de Meira a favor do BANCO DE ALIMENTOS que colabora con todas as ONGs do Morrazo. Colaboramos todos os cursos en diferentes quendas. Recollemos case 400 Kg de alimentos. Grazas a todos e todas por colaborar con nós. Un agradecemento especial as nosas familias, ao SPAR por apoiarnos nesta iniciativa e O BANCO DE ALIMENTOS por facilitarnos a nosa labor.
jueves, 16 de mayo de 2024
" Celebración dos maios con AFAMO "
O pasado 9 de maio o alumnado de cuarto de educación primaria colaborou con AFAMO e cos demáis centros educativos da zona na elaboración dun maio. O resultado foi xenial!
lunes, 6 de mayo de 2024
" Visitamos a Policía Local de Pontevedra "
O pasado venres 3 de maio o alumnado de infantil asistiu as instalacións da Policía Local de Pontevedra, onde nos ensinaron as súas oficinas, a sala de cámaras de vixiancia, os seus vehículos e todas as cousas que deben levar enriba. A verdade que aprendemos moitísimas cousas e foi unha experiencia única para nós.
" Los diez caracolitos "
Este curso, os Caracoliñ@s iniciáronse no mundo da lóxico-matemática con diferentes actidades, xogos e propostas de conteo, os números, estimacións … Pero un dos recursos que máis lles gustou foi, sen dúbida, o conto “Los 10 fantasmitas” do cal fixeron unha fermosa adaptación que chamaron “Los 10 caracolitos” e que podedes ver a continuación.
Agardamos que vos guste moito!!
" Obradoiro Igualdade "
O martes 30, o alumnado de 5º curso participamos nun Obradoiro organizado polo Centro de Información da Muller (CIM) do Concello de Moaña para fomentar e traballar a igualdade entre ámbolos sexos.
Fixemos diferentes cousas que permitiron mostrar as nosas
habilidades: facer unha cama, usar un desparafusador, cambiar bombillas,
cambiar cueiros a bebés (empregando un boneco), coser botóns…
" Visitamos a explotación gandeira de Chan de Arquiña e a Torre de Meira"
" Visita a FPINNOVA "
O pasado venres 26 de abril, os cursos 5º e 6º de primaria fomos a Santiago de Compostela, á Cidade da Cultura (Museo Centro Gaiás) para participar no Congreso de Innovación na Formación Profesional (FP Innova), organizado pola Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades. Trátase da sexta edición dun evento que se constitúe como referente na difusión da innovación didáctica e tecnolóxica e da capacidade de emprender na que está inmersa a Formación Profesional de Galicia.
Puidemos ver e participar en diferentes proxectos de
innovación e que abranguen as teconoloxías máis punteiras, protagonizados por
diversos centros educativos de toda Galicia en colaboración con empresas e
institucións: obradoiros sobre biotecnoloxía, ciberseguridade, creación de
contidos mediante IA, drone soccer, creación de videoxogos, realidade virtual e
aumentada, impresión 3D, entre outros máis.
" Agasallos polo día do libro "
Este ano para celebrar o día do libro, e tendo coma referente a solidaridade, o alumnado de Infantil e de 1º de Primaria decidiu agasallar a toda a comunidade educativa cuns imáns de frigorífico feitos cos seus debuxos. Neles, tiñan que representar o que para eles e elas significaba un libro, e o resultado foi marabilloso. Ademáis, para conmemorar este día, o alumnado de 4º de Educación infantil representou o conto "En casa de los tres cerditos huele mal" e o alumnado de 5º y 6º de Educación Infantil escenificou a obra de "A mellor sopa do mundo" xunto cunha cantiga en lingua de signos.