jueves, 1 de marzo de 2012

" Almorzos escolares "

     A vindeira semana , no colexio faremos unha actividade de Educación para a Saúde, "Almorzos Saudables na idade escolar"coa colaboración do departamento territorial de sanidade co gallo de que os/as rapaces/zas coñezan a importancia que teñen os almorzos como primeira comida do día, as variedades que hai, e así poder facer unha alimentación agradable e axeitada.
     Neste día (a cada ciclo correspóndelle un día) os/as nenos/as almorzarán no colexio ás 9:05 polo que deberán vir en xaxún.
     É de interese, para ti pai/nai/titor/a, e como non para o/a neno/a, que se podes veñas con el ese día e interveñas na preparación.
     Dado que esta actividade xa se realizou en cursos pasados nos que fixemos distintos tipos de almorzos como: o inglés, francés, mediterráneo e mixto, consideramos convinte introducir un novo tipo de almorzo, seguindo así o noso obxectivo de que o alumnado varíe a súa dieta.

     ALMORZO ESPECIAL: leite, pera, galletas, manteiga e cacao.
    
     O/a teu/túa fillo/a debe traer o seu enxoval (prato, cunca, vaso, culler, garfo e coitelo). Se algún neno/a padece algunha enfermidade metabólica ou ten algún tipo de intolerancia a estes alimentos , débeno comunicar ao seu/súa titor/a correspondente.
     Por último, se o/a teu/túa fillo/a non pode acudir a esta actividade deberase comunicar por escrito ao/a titor/a ou a dirección do centro.


                                          GRAZAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario