martes, 13 de marzo de 2012

" AXUDAS PARA FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012 PARA O ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA"

AXUDAS PARA A REALIZACIÓN DE ACTIVIDADES DE FORMACIÓN EN LINGUAS ESTRANXEIRAS NO ANO 2012

Segundo a ORDE publicada no DOG o 22 de febreiro de 2012 convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O custo total de ditas actividades inclúe os gastos da viaxe; os monitores ou monitoras que acompañarán o alumnado en cada un dos grupos durante a actividade, desde o momento da saída ao do regreso; os gastos de docencia e o material escolar; as actividades culturais, deportivas e complementarias dos curso; os gastos de mantenza e aloxamento;o certificado de realización da actividade e o seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
Ofértanse 510 plazas en aloxamiento tipo residencia para estudiantes de 6º de Primaria. O custo total é de 750 euros, pero hai unha serie de axudas que concede a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Ditas axudas poden ser de ata 450 euros en función do baremo que se obteña (nota media do expediente, renda da unidade familiar…)
O prazo de presentación de solicitudes comeza o día 6 de marzo e remata o día 7 de abril.
 Se existe alguna familia interesada, no colexio temos impresa dita orde coas instruccións e requisitos correspondientes, para poder solicitar ditas axudas.
Tamén poden atopar información no seguinte enlace de internet:
                                             Un saúdo.

No hay comentarios:

Publicar un comentario