jueves, 2 de marzo de 2017

" Nós tamén creamos"




Este curso o noso centro participa no proxecto “Nos tamén creamos!” organizado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística dentro do programa PROXECTA da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
“Nos tamén creamos!” é un programa de promoción da adquisición, uso e valoración da lingua galega na aula. Dentro deste programa crearemos unha curtametraxe en galego aplicando a técnica stop motion.
O centro foi dotado cunha colección de contos en galego de OQO Editora e entre eles escollemos o libro de …
¡A GUERRA DOS NÚMEROS!

Nas vindeiras semanas iremos contándovos como evoluciona o noso proxecto ata chegar á creación da nosa propia curtametraxe.
¡¡ Aquí deixámosvos un resumo dos inicios da nosa aventura !!
Desexamos que vos guste!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario