miércoles, 10 de mayo de 2017

" Comicón intercentros "

Os días  12 e 13 de maio desenvolverase en Moaña a COMICÓN INTERCENTROS, que dará cabida en diversos escenarios da vila  á diversas actividades relacionadas coa banda deseñada, a ilustración e outras manifestacións vencelladas á cultura pop (flashmob, cosplay, anime, xogos de rol...).

Este evento é o resultado dun traballo desenvolvido por varios centros de ensino do Morrazo (IES A Paralaia, IES As Barxas, CEIP Seara, CEIP Reibón, CEIP A Guía, CEIP Domaio e CEIP Quintela), no contexto de varias actividades formativas,  que tiveron como eixo vertebrador a banda deseñada. Esta proposta xurdiu á iniciativa do alumnado destes centros, e ademais contaron coa colaboración do concello da localidade e alumnado de outros centros.
 
Prégamoslle faga disfusión deste evento entre a comunidade educativa do centro, para o que adxuntamos carteis publicitarios coa programación de actividades (concursos, exposicións, obradoiros, flashmob,  cosplay, manequin challenge.
Pódese consultar más información na páxina web https://www.comicmoanha.com/




No hay comentarios:

Publicar un comentario