DISFRUTAMOS E APRENDEMOS NO PLANETARIO " A GUÍA”
Xa vai un tempo que temos o noso planetario rematado con todas as aportacións das familias e dende aquí queremos agradecervos a todos e a todas a vosa colaboración e participación neste gran proxecto.
Xuntos creamos un espazo de aprendizaxe cheo de cohetes, planetas, estrelas, astronautas, naves, etc. onde os nenos e nenas están aprendendo e gozando moito.
Nestes días os Osos, Caracois e Elefantes fixemos unha sesión conxunta coa luz negra dentro do planetario e observamos como brillaban moitas obxectos que temos dentro … ¡foi moi divertido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario